Copa Racing Sport-Yokohama no Rally de Noia
Rally da Gudiña -Campeonato Galego de Terra-

13 Abr 2011

 Despois de un tempo de inactividade no Campeonato Galego de Rallys, volvemos cunha entrevista a outro piloto xoven, con futuro e moi rapido: Sergio Sanchez. Piloto de Culleredo que co seu 205 rallye esta a participar na Copa Racing Sport, acaba de lograr a primeira victoria en Noia, e que por suposto detrás de esa viran moitas máis.Revelanos algunos datos curiosos,non vos vamos entreter máis:

-Pé Á ChapaDebutas no 2009,cun peugeot 205 rallye, Qué nos podes contar da túa primeira toma de contacto cos rallys?

 –Sergio Sanchez: Pois moitas ganas e non tanta cabeza xa que acabei saíndome da carretera no tramo de Ferreira.

-PACA nivel de coche, supoñemos que os medios eran limitados…

Qué nos podes decir del?

-S.S: Bueno o coche compreillo a David Rial, un chaval de Vigo e fixémolo todo de novo na miña casa pero sen grandes luxos.

PAC: Fainos un pequeno resumo do que foi para tí a temporada 2009.

S.S: No 2009 solo saín a correr o rally de Narón, que era o que mais cerca tiña da casa e foi o rally no que debutei.

PAC: Xa no ano 2010,segunda temporada, supoñemos que milloraches a montura, tamén co paso dos rallys o teu ritmo era mayor, en Narón conseguías estar entre os primeiros da X11, esperabaste estar arriba tan rápido?

S.S: No 2010 fixemos un motor e caixa nova, saimos a correr 4 rallys,mellorando conforme facíamos máis carreiras pero nunca pensei rodar entre os primeiros postos.

 Rally San Froilan 2010

PAC: Como tiveches as túas primeiras tomas de contacto co motor e que che levou a iniciarte?

–  S.S: Desde pequeno sempre me gustaron, aínda que na casa non era moi ben visto, non iva ver carreiras ata que meus amigos tiveron carnet e me levavan, a partir de ahi a afección foi a máis hasta que un día decidín presentarme na casa cun coche de carreiras, non gustou moito, pero pouco a pouco foron aceptando e ahora apoianme moitísimo.

PAC: Este ano 2011 comezas a temporada na Copa Racing Sport cal é o teu obxetivo?

S.S: Bueno este ano comezamos a temporada con pouco presuposto, intentando non meter a pata e así puntuar en todas as probas que poidamos participar, de momento a cousa vai ben e a final de ano…xa se verá, nos intentaremos correr todo o que poidamos e oxalá poidamos estar entre os primeiros o final.

PAC: Non vai mal non, en Lalín quintos e en Noia chega a túa primeira victoria na copa e na clase X12; contanos a experiencia da primeira vez;

S.S: (quintos e de chorra risas) para min foi unha sorpresa enorme ganar en Noia, saímos o primeiro tramo con calma xa que non levamos moitas carreiras e estamos intentando mellorar as notas, pero fixemos o mellor tempo e intentamos seguir así todo o día, a verdad e que me divertín moito e o final chegou a victoria na copa.

 

PAC: Intentaras completar toda a temporada?

S.S: Os premios da copa axudan e se encontramos algun patrocinador máis intentaremos facela completa pero de momento o presuposto non chega.

PAC: Para o ano que ven, ou a medio plazo cales son os teus plans?(mecanica,pilotaxe etc)…

S.S: Pois a verdad e que a día de hoxe non o sei, supoño que dependerá do resultados deste 2011 aínda que se son sincero,gustariame moito correr en un kartcross pois,aínda que non proveí ningun,penso que son divertidísimos e non tan caros como correr unha copa como a Khumo ou a Racc que se necesita unha boa máquina e cara.

PAC: O teu coche preferido?

S.S: O que máis me impresiona é o 306 Maxi de Senra.

PAC: Piloto?

S.S: Colin Mcrae.

PAC: Esperemos que esta temporada che vaia todo xenial e poidas levar máis premios para a túa casa, Queres agradecer algo a alguén?

S.S: Porsuposto, a todos os patrocinadores,Fertri,A Medoña,Neumáticos Magafei,Cultiagro,Frutas Domínguez Oubiña,Mel de Cabana,Xefen recambios,Cerveceria El Potro e a toda a senté que me vota unha mán na asistencia,non nombro todos que son moitos,e en especial a miña moza Vane que me vota unha man enorme e aguanta todas as horas que paso preparando o mellor que podo as carreiras.

PAC: Moitas gracias Sergio por concedernos esta entrevista e esperamos que che fora de teu agrado.Saudos campeón!

S.S: Grazas a vos!

Outra vez dar gracias a Sergio e desearlle sorte a el máis a todo o seu equipo.Vemonos no Comarca da Ulloa!