Os próximos días 15 e 16 de abril, na localidade ourensana da Gudiña, regresan os rallyes en terra aos calendarios automobilísticos de Galicia, con motivo da celebración do I Rallye en Terra da Gudiña, proba que da man de Ourense Motor Sport a rirá a tempada nunha modalidade que levaba sen celebrarse 17 anos na nosa Comunidade Autónoma.
A primeira proba da volta da terra a Galicia, dará comezo coas verificacións administrativas e técnicas na tarde do venres 15 de abril, nos Talleres Fernández-Seat da localidade de Conso-Frieiras, para tomar a saída o primeiro participante ás 10,28h do sábado 16 de abril dende o parque pechado da proba situado na Estación do Ferrocarril da Gudiña.
Serán catro os tramos cronometrados a disputar, sendo as primeiras pasadas de recoñecemento e as segundas de competición, por cada un deles.
O Campionato de Galicia de rallyes en Terra contará coa presenza, ademais dos turismos habituais das probas destas características, cos sempre espectaculares Todoterreo, que a bo seguro chamarán a atención dos afeccionados.
O carácter secreto dos tramos cronometrados fai que a organización non os faga públicos ata o sábado 16 de abril, facéndoo de diferentes formas que serán comunicadas previamente.
Máis información sobre a proba en: www.ourensemotorsport.com