Iván Ares gaña o XVII Rally do Cocido

David Figueiredo – Ana Villanueva; arrancan no Rally do Cocido
Difícil comezo en Lalín Para os Pilotos da copa Racing Sport

14 Mar 2011

 

 O piloto de Cambre Iván Ares proclamouse gañador nun Rally do Cocido pasado por auga, e que tivo un final algo peculiar. Ares mantívose na primeira posición da clasificación xeral durante toda a xornada, ata chegar ao último tramo no posto máis alto da táboa, pero tan só a 1.3 segundos por detrás tiña ao lucense Pedro Burgo. 

 Burgo e Ares saían ao último tramo, Brántega, xa pasadas as nove da noite, pero cando chegaba o turno de Iván, este negábase a tomar a saída a causa dun vertido de valvulina procedente do Octavia de Roberto Blach. Os pilotos que iban a tomar a saída tras o piloto da Escudería Lalín Deza respaldaban a súa opinión, e negábanse tamén a saír ao tramo. Despois disto, decidiuse neutralizar o tramo, e quedou en mans dos xueces dar aos pilotos que non tomaran a saída os tempos ou de Burgo, ou de Blach. Ao final deuse a todos os pilotos o tempo de Pedro Burgo, xa que o tempo de Roberto Blach era anormal, e así Iván proclamaríase gañador da proba cunha vantaxe de 1.3 segundos sobre Burgo, que remata segundo na estrea do seu Focus WRC.

 Na copa Top Ten o gañador sería Fernando Rico

 No Volante Racc a victoria foi para Francisco Lago

 Na Copa Kumho vencería Marcos Díaz

 Na Kumho Junior gaña Marcos Rodríguez (Mito)

 Na Copa Racing Sport vencería Guillermo Martínez