O piloto estradense Mtnez Barreiro «Bamarti» competirá no próximo campionato galego de rallys de asfalto aos mandos do Ford Escort WRC de Toño Villar. O piloto cerraba estes días o trato despois de varias semanas valorando a conveniencia de participar ou non con esta montura. Bamarti di que o único que hai que facer no coche é arranxar a avaría do rally Botafumeiro, e logo facer quilómetros para acostumarse. Pese a todo, o Peugeot 306 Maxi non o deixará aparcado, xa que pretende saír con él nos rallys que favorezan máis ao Kit Car, correndo co Escort nas probas nas que a climatoloxía sexa adversa ou o asfalto estea moi roto ou sucio. Decir que hai outro piloto que pode que participe tamén con un coche mundialista, trataríase neste caso dun Ford Focus WRC.