Dende a escudería Lalín-Deza lamentan o sucedido con Armindo Araújo, que non poderá asistir á proba por un problema coas licencias, e por iso no día de mañá deleitaranos Cohete Suárez, o piloto cántabro, que se sitúa entre os máis espectaculares de España, e que é piloto tanto de coches de dúas rodas motrices, compite nun Renault Clío R3, como de tracción total, xa que tamén é piloto dun Mitsubishi Lancer Evo X.
Así mesmo, Vicénte Viéitez Realizará exhibicións a bordo dun Legend car, que a ben seguro que non pasará desapercibido entre os asistentes á proba Lalinense.
A lista final de pilotos do IV Fórmula Rally do Cocido é a seguinte:
François Delecour – Mitsubishi Lancer evo IX, evo X
Sergio Vallejo – Mitsubishi Lancer evo IX, evo X
«Cohete» Suárez – Mitsubishi Lancer evo IX, evo X
Iván Ares – Mitsubishi Lancer evo VIII
Pedro Matador – Mitsubishi Lancer evo VIII
Amador Vidal – Subaru Impreza
Víctor Senra – Mitsubishi Lancer evo VIII
Víctor Magariños – BMW M3
Fernández Gay – Mitsubishi Lancer evo VII
«Caixas» – Mitsubishi Lancer evo IX
Pose – BMW M3
Vicénte Viéitez – Legend Car (Exhibicións)