O piloto Ourensán David Figueiredo, saldra na primeira cita do Campionato Galego de Rallys, dentro da Copa Kumho, pilotando o seu xa habitual 106 GTI co número 63 nas portas.
O Rally do Cocido que se celebrara os proximos dias 11-12 de Marzo na Bisbarra do Deza dara o pistoletazo de saída ao campionato Galego de Rallys de Asfalto.
David que tras sufrir un accidente no pasado Rally Sur do Condado, e tan só ter saído dende aquela no Slálom de Luintra aos mandos dun Citroen Saxo, volve ao Galego de Rallys.
Ana Villanueva, que se estrea neste mundo da copilotaxe, sera a encargada de acompañar a David nesta primeira proba, polo que desexamos que todo saia ben.
O equipo sairá para probar o coche de cara ao Campionato Galego de Rallys de Terra que comezará o proximo dia 16 de Abril na Gudiña, no cal Figueiredo saldra co seu habitual copiloto Alberto Rodriguez, xa que en principio a idea é facer o Campionato de Terra e algunha carreira en asfalto se o presuposto o permite.
O equipo quere agradecer o apoio dos seus patrocinadores: Bellourens, Gadasa, Celenny, Cafetería Brétema, Confitería Loñoa, Concello de Quintela de Leirado, a Peña AFerro Sport e a web www.galicianerallys.com