Despois da entrevista o xa campeón do Volante Racc Galicia Fran Lago,temos o pracer de contar coa colaboración de Adrían Díaz,un piloto que pese a ter tan só 26 anos ten as súas costas moitos rallyes disputados.Sen dúbida que de non ser pola venta do Team Nupel este xoven piloto daría que falar este ano no Nacional de Rallyes de Asfalto.Sen máis darlle as grazas a Adrían.
PAC:Contanos esa historia do pastel que tiña dentro as chaves dun cinquecento…
Foi o día de Reis, no típico roscón sempre ven con algún detalle, aquel día tocoume nel un chaveiro e unha figura dun coche.
PAC:Antes ti xa debutaras nun Ford Sierra,resumenos un pouco a túa experiencia dese momento.
Debutei no ano 2000 nun Peugeot 205 Rallye na copa Pirelli co meu tío, disputamos 14 rallyes entre o 2000 e o 2003 sendo en 2002 o ano que fixemos todo o campeonato do trofeo Driver, quedando terceiros. No Ford Sierra corría meu pai de copiloto e no ano 2003 salín eu de copiloto no rallye de Narón.
PAC:A pesar da túa corta idade xa tes un bo numero de probas disputadas,Como o conseguiches?
Teño 26 anos, contando as carreiras que fixen de copiloto levo un total de 72 rallyes. Dende neno tiven moita afección polos rallyes, gustaronme desde moi pequeño e sempre quixen poder participar, consigoo poñéndolle moitas ganas, un bo traballo e unha gran ilusión por conseguilo.
PAC:Eres campeón da Driver Junior e o ano siguiente da Señor,Hai máis nivel na Racc ou na Driver?
Ahora mesmo creo que está moi igualado, cuando eu corría na driver era con coches grupo n y na racc con coches mais preparados grupo a e estaba todo máis escalonado.
PAC:Despois do Saxo chega o 206 no que destacas especialmente no ano 2009 dentro do Volante Racc,xa lle preguntamos a Alberto Otero,agora é o teu turno,Que che parece o nivel da Racc con respecto a Driver?
Na Racc sempre houbo moi bo nivel, corrín tres anos e sempre estivemos en postos de pódium, no 2009 estivemos cerca de gaña-la e creo que foi o ano que máis disputada estivo, xa que nos anos anteriores as victorias eran cousa de dous ou tres pilotos, mentras que ese año había moita xente con opción, e conseguemos gañar algunha proba 5 pilotos distintos.
PAC:O Volante Xoven dache a oportunidade de subirte a un Evo IX no rally da casa,pero a véz tamén che impideu loitar polo Volante Racc,Esperabas ir tan ben na túa primeira carreira cun 4×4?
Foi unha boa experiencia, poder disfrutar dun coche desas características na túa casa, e difícil de esquecer, aínda que perdimos todas as opcións a loitar polo volante racc.
PAC:Saltas o nacional e alternas Fiesta R2 e tamén o ST,Que che parece o nacional no teu primeiro ano?
Conseguimos facer un bo número de kilómetros, rematando carreiras e conocendo os tramos. O R2 e un coche que me gusta moito pola sensacións que che transmite, e un bo coche de aprendizaxe de cara a subirse en coches máis competitivos,como ía ser este ano o S1600.
PAC:A chegada de Ojeda según Moya é como unha especie de profesor, pensas que era así ou só unha forma de darlle un coche a Quique?
Estar dentro dun equipo cos mellores pilotos do panorama español e moi enriquecedor, tes que estar moi atento ó que fan para poder aprender e continuamente preguntandolles pero foi unha experiencia moi positiva.
PAC:Este ano presentabase como o da túa consolidación,comecemos polo coche,gústache máis o Fiesta S1600?Estabas máis animado?
O Fiesta S1600 é un coche que aporta muchísimas sensacións, fixemos uns test dunhos 60km e logo duramos pouco no rallye Vilajoiosa por mor dunha avería mecánica, pero dos coches que tuven oportunidade de probar ete é sen dúbida o que mías me transmitía, ías en todo momento metendo e quitando marchas, un motor cun sonido moi puntiagudo e un réxime moi alto de xiro, o paso por curva e a freada eran espectaculares.
PAC:Rompes motor na Vilajoiosa,crees que eso pudo ser un factor polo que se decide levar só a canarias a Xevi Pons?
Canarias non entraba nos nosos plans xa antes de comezar o ano polo seu maior coste.
PAC:Despois do 8º puesto en Cantabria,Nupel pasa a mans de RMC,Comunícasevos xa con bastante antelación ou tamén foi algo sorpresa?Gustarianos saber a túa opinión acerca deste tema.
Era unha cousa que ninguén esperaba e que nos pillou por sorpresa a todo o mundo
PAC:Agora comentase que o teu proxecto pode ser un Evo X para a Top Ten,ou incluso a participación na Copa Suzuki Swift,Que hai de certo?De non ser así cal será o teu proxecto?
De momento non temos nada claro, estamos a procura de encontrar patrocinadores que faigan posible a nosa continuación no mundo dos rallyes. Non temos nada claro aínda.
PAC:Como é a túa relación con Xevi Pons?
Foi unha persona que sempre me tratou ben dentro do equipo, tratando de resolver sempre as miñas inquietudes.
PAC:Damosche paso para que agradezas as personas,empresas,amigos…que ti creas oportuno.
A toda a xente que me apoya ou que algún día o fixo, xa sexan patrocinadores, amigos ou afeccionados que me animan cando paso polo tramos. Se hai alguén que non falla nunca esa é a miña familia, o pilar máis forte da miña carreira deportiva. Grazas!!