-Desta vez temos o pracer de entrevistar a Alberto Otero,un dos pilotos máis rápidos o ano pasado no Volante Racc e este ano debutando nun Mitsubishi Evo IX.Sen dúbida que o soño de poder correr neste hobby non se cumpriría sen o apoio de Luis Vilariño.Sen máis dar unha vez máis as gracias a Alberto e desexarlle suerte!
Pé Á Chapa: Lembras os teus inicios,¿que nos podes dicir do primeiro ano de competición?(coche,impresións….)
Alberto Otero: Pois nada o primeiro ano comprei un 205 rally no que fixen o Cocido e Noia,eses dous rallys sairon perfectos,no primeiro quedei segundo de x11 e en Noia ganamos a x11.E con aquel coche que non corria moito todo parecia moi fácil e foi cando compramos un 206 da Autonalón.
PAC: No segundo ano montas un 206 do trofeo.Supoñemos que do 205 rallye o 206 hai un salto considerable.Pasas a compeitr no Volante racc.¿Que impresións che da esa copa respecto o nivel de pilotos e coches?
A.O: Cando compramos o 206 era ca intención de salir algo adiante e metimonos na Racc,pero debido a que o coche estaba de serie e nos tamén non tiñamos experiencia metiannos unhas lijas impresionantes había un nivel………
PAC: Chega o 2010,na Ulloa primeiro do ano e da casa.plantaslle cara a bello e comezas a destacar…(toda a tempada)
A.O: No 2010 todo empeza a sair mellor,porque no 2009 preparamos algo o coche pero cando empeza a funcionar realmente é no 2010.
PAC: O patrocinio de Antalsis,despois fanche a asistencia con Luis Vilariño.De onde ven a vosa relación?
A.O: Correcto.Luis é unha das persoas as que nunca lle darei pagado a gran axuda que me esta dando,que desde logo e moitísimo máis do que nunca imaxinaria,a nosa relación ben polos negocios familiares de ambos.
PAC:Que nos dis do teu copiloto?
A.O: O meu copiloto é unha persoa con moita experiencia e eso vale moitísimo,porque ve cousas que eu non vexo de cara a coller as notas por exemplo se non fora por el…
PAC: Como xorde a idea do Evo IX?
A.O: O Evo xorde principalmente porque esta tempada xa estaba algo aburrido do 206,porque para saír na Racc en ese coche tiña un gasto moi elevado.E de gastar eu quería saír nun coche que che permita derrapar algo e ir «algo rápido».
PAC: Comezas en Noia cun Evo IX ex-Pablo Rey sen experiencia previa logras terminar 3º na Top Ten e 7º scratch.
A.O: Sí,o Evo nunca mellor dito probámolo en Noia porque non o probara apenas un kilometro pero a verdade todo saiu moi ben.
PAC: Chega o rali da casa ,con ganas pero os problemas ,pinchazos…exceso de confianza ou falta de confianza?
A.O: No rali da casa o do pinchazo foi mala sorte porque non toquei en nada.Pero o da saída foi non saber conducir,non ten disculpa!
PAC: O tema das bridas:coñecimos as opinions de Penido,Vilariño,Vidal, ainda que acabas de chegar a este tipo de coches¿Que opinas deste tema?
A.O: Non quero entrar nese lio, pero pareceme que se gano eu vou ben,pero se gana outro vai sen brida.
PAC: Campeonato Galego de Terra, que opinas del e vas participar nalgunha proba?
A.O: O da terra é unha cousa que me encanta cada vez que vou ver un rally deses póñenseme os pelos de punta,ten que ser precioso.Aver se hai sorte e damos saído nalgún rally.
PAC: Os teus planes para este ano e a medio plazo.
A.O: Este ano intentaremos adaptarnos o coche e facer kilometros.Tamén sairemos no nacional en Ourense no Evo X de Luis Vilariño e pouco máis que contar.
PAC: Un rali e porque:
A.O: O da Ulloa porque e o da casa.
PAC: Un coche de rallys e porque:
A.O: Coche un Porsche pola potencia e tracción traseira.
PAC: Contanos algunha anécdota dalgun rali ou algunha mania que teñas antes de competir.
A.O: Teño moitas pero non antes dun rally je,je,je anécdota non sei nada puntual.
PAC: Quen e o teu ídolo?
A.O:Idolo non teño,pero bueno será Ragnotti.
PAC: Espectáculo ou tempos?
A.O: Tempos pero un pouquiño máis espectáculo.
PAC: Que lle dirías a xente que empeza?
A.O: A xente que empeza que non faga esa locura!!!(risas).Era broma, nada primeiro que vaian a disfrutar e segundo que teñan amigos que lle axuden tanto como me axudan e axudaron a min, xa non digo económicamente.
PAC: Cambiarias algo do Galego de Ralis?
A.O: En vez de cobrarnos inscripcións pagarnos por correr,je,je,je.Bueno senón máis baratas.
PAC: Bueno damosche paso para que agradezcas a quen queiras:
A.O: Agradecer a Antalsis,Desguaces Lual,Cbs,Recambios Roicar,Mas Color Santiago,Discoteca Palladium estos os patrocinadores e tamen a todo o equipo de Antalsis competiciòn e todos os amigos que me axudan.
Queremos agradecer a Alberto que fixera esta entrevista e desexarlle toda a sorte do mundo para esta tempada.