Novas sobre o Fórmula Rally do Cocido
Luis Vilariño cambia o Megane Maxi polo Mitsubishi EVO X

02 Feb 2011

PAC: Como empezou o gustiño este polos rallys?

  

Álvaro Méndez: Pois sempre estiven rodedado de coches. Primeiro en Agolada co taller, e logo nas gruas en Lalín. Meu pai preparou un Austin Metro para meu irmán cando tiña 12 anos, co que ibamos ás ginkanas que había nas festas a principio dos 90. Eu, que era pequeniño (tería uns 5 ou 6 anos) sempre subía recolle-los premios que él gañaba por que me facía ilusión . Con 13 anos comecei a organizar o rally do cocido coa Escuderia Lalín- Deza, e foi aquí onde me empezou a gustar moito o mundo dos rallys.

PAC: Co Renault 19 non houbo moita sorte non?

 

A.M. : A verdade e que non, xa que non acabei ningunha proba das tres que fixen con él. Na subida a Rodeiro rompeume o motor, na Ulloa a caixa, e despois no Cocido un pistón, ainda que foi no dito Cocido onde máis aguantou o coche. Non era moi bo coche, pero era o que me podia permitir, xa que o cambiara por un buggy caseiro, unha carburacion de 205 rally, e varias cousas que tiña pola casa, xa que a meu pai non lle gustaba moito a idea de que participara en rallys.

PAC: Cándo decidides participar a bordo do 106 ex Penido?

 

A.M. : Despois da rotura de Lalin, e xa con alguns aforros máis, comezamos a mirar algún que outro saxo, 206 e algún c2, pero o que máis me gustou en relación prestacions-cartos dispoñibles (risas) foi o 106. Fúmolo probar a santiago nunhas pistas lindeiras ao desguace de Luis e quedei impresionado coa maneira de meter marchas que tiña o coche. Fomos por él en Setembro, puxémolo ao noso gusto, e decidimos saír no Botafumeiro para proba-lo de cara a temporada 2010, ainda que tamén saín na subida a Silleda unha semana antes para afacerme a él.

PAC: Cales foron as impresións?

A.M. : É un coche rápido, pero sólo nun réxime moi alto de voltas, co que tes que ir siempre co cuchillo entre os dentes e asumindo riscos que con outro coche ao mellor non faria falta, pero para estar nos tempos da kumho e o que hai. Esixente por que ao ter que ir diario por encima das 5000 un mínimo erro pódete facer perder uns segundos moi valiosos ou mesmo quedarte nalgunha cuneta, sobre todo en rallys que chova. É o perfecto para tramos rápidos, pero perde eficacia en tramos moi virados e ratoneiros nos que non poidas aproveitar toda a potencia do coche. Xa que non ten baixos, a relación cortiña que ten é o que o nos axuda algo nestes tramos. É lixeiro de atrás, baila como un flan, pero é fáacil de volver ao sitio, en xeral un coche moi divertido. Non é o máis potente da kumho polo que puiden comprobar falando con algún que outro piloto.

PAC: O mellor rally da túa carreira?

A. M. : O Rally do Cocido do ano pasado, xa que quedei primeiro junior e primeiro da copa kumho, terceiro de clase e 19 da xeral. Ademáis foi o primeiro rally que acabei despois dunha bonita loita cos guerreiro. A falta de dous tramos sacabámoslle 26 segundos, pero o nunca correr de noite fixonos cometer un erro en Zobra, no que nos sacaría 15 seg. Salimos ao último a muerte e facendo un 13 scracth da general, recuperando así 18 seg. Ganar ganamos, pero sudamos de carallo…

PAC: Cales son os proxectos que tedes para este ano?

 

A.M : En principio saliremos na kumho de novo, e serán as 3 primeiras carreiras as que decidan o resto do ano. Se todo vai ben acabaremos a temporada, se non faranse 2 probas máis e intentarase estar na saída do Rally Rías Baixas.

PAC: Cómo é tecnicamente o voso coche?

A.M. : Pois é un Peugeot 106 1.6 16v grupo A. Ten 158cv , caixa be3 con relación de kit kar e autoblocante cunha velocidade punta de 160 kmh, amortiguacion pts grupo A, e frenos dianteiros ap racing de 4 pistons e discos de 310 mm. 

PAC: Algo se escoitou de facer «equipo» con oturo piloto

A.M. : Bueno eso é algo que se falou e esta ahí, pero este ano só faremos unha ou dúas probas xuntos, xa que Iago non ten o coche listo para o rally do Cocido, e por temas de presuposto.

PAC: O ano pasado tivestes bastantes problemas, cres que para este ano estarán en parte solucionados?

A.M: Si, despois do golpe de Narón, o coche ao que facía uns quilómetros de tramo perdía potencia e non corría o que tiña que correr. Neso estamos, o coche esta a revisar todo en AR Vidal, pero a ver se nos acompaña tamé a sorte todo o ano e non só ao principio como o ano pasado. Sairemos ao Cocido con gañas (e esperemos que o 106 tamén)