Pé Á Chapa Racing: Cando empezou a túa paixón polo mundo das catro rodas? E cómo?
Jesús Pombo. : Pois na subida o Tambre-Noia. Sempre iba cos amigos unha tras outra, non podia aguantar e comprei a barqueta.
PAC: Cal e a túa subida preferida?
J.P. : A subida ó Iroite, porque é unha subida moi rápida e con moi bo piso.
PAC: Cal foi a tua primeira subida?Cal foi a túa experiencia?
J.P. : Foi no ano 2006 na subida a Bola Furriolo. A experiencia non foi moi boa porque na segunda manga tiven un accidente.
PAC: Gustariache seguir correndo en barquetas ou tal vez facelo en carrozados?
J.P. : A verdade é que a ilusión seria un Fórmula 3000.
PAC: Para este ano que tes pensado facer?
J.P. : Pois é posible que intente sair nalgún rally e en montaña seguirei igual.
PAC: Con que montura sairías nos rallys e en montaña?
J.P. : Nos rallys estamos mirando de saír nun EVO dependendo do presuposto ou un S1600, e en montaña seguiremos coa mesma barqueta.
PAC: De facer rallys… cales serían?
J.P. :O Albariño seguro e despois algún que poida surxir por aí.
PAC: Poderíasme falar algo sobre a túa barqueta?
J.P. : Ten motor Suzuki 1000, preparado por Lombardia e ten 200 cabalos.
PAC: Poderias estar loitando polo título con esta barqueta?
J.P. : A miña barqueta pode que estea o nivel de calquer CM moderno ou mesmo á altura do Fórmula de Benito (Varela). Pero o que si e que non está á altura do Fòrmula Ralt de Serantes.
PAC: Poderiámoste ver pronto nos rallys ou subidas?
J.P. : Estou á espera dunha operación de hernia discal que ao mellor tenme un tempo alexado das carreiras.
Darlle as grazas a Xesús Pombo por concedernos esta entrevista e oxalá se recupere moi pronto para poder velo pronto nas subidas e rallys galegos.