P.A.C -Como comeza a tua paixon polo mudo do motor?
Pedro Burgo: Pois xa a recordo de sempre. De todas formas cando era neno meu tio xa corria, e por iso ó mellor a miña afeccion ós rallys foi en aumento.
2-Bueno e na tua familia que tal se tomaron eso de que che gustaran os rallys?
Pedro Burgo: Bueno na miña casa non gustou demasiado a idea de que eu participase nos rallys, pero eu non parei ata conseguilo a pesar do disgusto que naquel momento lle din a os meus pais.
3-Podesnos dicir cales foron os coches que mais che gustaron?
Pedro Burgo: Jajjaja e evidente, o ford fiesta super 2000, e como non, o ford focus wrc que pilotamos agora.
4-Cal e o teu rally preferido?
Pedro Burgo: No campeonato de España Ferrol e no galego Lugo.
5-Que lle dirias á xente que comeza?
Pedro Burgo: Bueno, agora os tempos cambiaron moito e quizais sexa máis facil comenzar, pero sobre todo, o que lles diria e que traballen duro, que vaian dando pasos pouco a pouco, que todo pode ser. Se eu e outros pilotos chegamos a conseguir algo, eles tamén poden. Eu non empecei con 18 anos a correr, e menos nun mitsubishi, como lles parece a moitos, empecei con 25 anos nun 205 rally e conseguín chegar a ganar carreiras.
6-Cambiarias algo do galego de rallys?
Pedro Burgo: A verdade e que non, hai moi boas probas ben organizadas e ó mesmo tempo creo que hai un moi bon nivel de maquinas e pilotos.
7-Que sensacion che da o focus wrc? Disgustoute?
Pedro Burgo: As sensacións son increibles, nunca desfrutara tanto dentro dun coche, disgustarme para nada, máis ben todo o contrario, pero todavia non lle teño collido o fio, e creo que cando teña máis km con el sera tremendamente divertido.
8-Pensas que por estar encadrdado nun equipo como Nupel xa non tes o mismo apoio dos afecionados?
Pedro Burgo: Para nada, creo que teño o mesmo ou máis, so noto por parte dalgún pequeno sector, e non afeccionados precisamente, que trata de ensuciar o ambiente escribindo mentiras. A nupel creo que so temos que estar agradecidos polo que fixo polo noso deporte. Sempre estivo apoiando a un bon número de pilotos e na mallor parte, galegos, e iso é sempre de agadecer, que alguén gaste os seus cartos no noso deporte,e eu personalmente so podo estar agradecido tanto a Jorge Dorribo, como á demáis xente de nupel, polo seu apoio e non solo no economico, que é moi importante, pero tamen no personal, porque o trato tanto a min como ó resto da miña xente é sensacional e non podo máis que darlles as gracias. Con Luis Moya pos pasame o mesmo, teño un trato sensacional e a verdad que o paso genial, e creo que no equipo temos un ambiente fantastico.
9-Quen cres que gañara este ano o galego?
Pedro Burgo: Gustariame que nós, e máis que nada pola xente que confiou en nós e por iso só pido que a sorte nos acompañe e que nós trataremos de poñer o resto, porque teño máis ganas que nunca de facer un bo papel.
10-Que faras para o ano? Volveras ó nacional seguiras no galego?
Pedro Burgo: Bufff misión imposible a estas alturas. Non sei que pasara para o ano que ben, so confiemos en que podamos seguir correndo, que tal coma están as cousas, non é pouco, aínda que gustaríame estar no nacional.
11-Podesnos contar algunha anecdota que che pasara nalgun rally?
Pedro Burgo: Buff teño moitas, son moitos anos e moitas carreiras. Un dia escribirei un libro jajjajja
12-O mellor momento da tua carreira foi?
Pedro Burgo: Pois o mesmo que anecdotas, ai moitos, pero creo que o rally de ferrol do 2006 foi un, porque lograr unha victoria no Campionato de España está ó alcance de poucos e menos cun grupo N. O rally de Madrid tamén foi un bo momento porque volvemos a repetir a azaña, e a proba de que non é facil é que cun mitsubishi correron gran parte dos pilotos do campionato e volver a repetir a victoria, e máis cun coche fabricado integramente por nós, un equipo de amigos e no que todos poñemos o noso gran de area, creo que aínda é máis meritosa.