O piloto de Palas de Rei Luis Vilariño acaba de adquirir un Mitsubishi Evo X Gr.N,máis concretamente a unidade que ata agora viña empregando Victor Senr, propiedade de RMC.Varios foron os motivos que levaron a Vilariño a cambiar de montura; menos tempo,menos presuposto…Vilariño púxose co seu proyecto e logrou vender o seu antigo coche,o Renault Megàne Maxi que, despois de longas negociacións, para sorte dos aficcionados galegos, o Megane quéase en Galicia, xa que Jaime Castro une un coche máis á súa colección (Evo IX,Saxo Kit Car,Peugeot 306 Kit Car…), e que intentará salir o máximo de probas que o presuposto lle permita. Así mesmo, Jaime ten pensado facer debutar ao seu fillo a bordo do Saxo Kit Car.
Outra novidade máis sobre Luis Vilariño, como citamos anteriormente, e que Luis non fará todo o campionato galego, e nas probas que non participe, o Mitsubishi será pilotado pola xove promesa melidense Alberto Otero. Alberto ten pensado seguir formándose como piloto no Volante Racc, unha vez descartada a opción da Copa Twingo R2. Teremos que seguir de cerca a progresión destes tres pilotos, e en especial de Alberto Otero, por ser a primeira vez que compita a bordo dun coche «grande». Sen ningunha dúbida que se vai adaptar rápido.