Por fin chegou,resisteuse en Lalín e en Noia,pero a terceira foi a vencida e Pedro Burgo pudolle dedicar a victoria a xente de Nupel que nas súas palabras:»axudaronme moito a poder estar en este coche» .A victoria a pesar de todo non foi fácil,xa que a caixa de cambios estivo por fastidiar o traballo do piloto lugués,comezando a fallar no segundo tramo e xa no último ter que recorrer preto de 4 km en cuarta velocidade.
A 45s rematou Iván Ares que segue a se amosar como o principal candidato o título este ano,e a só seis decimas de el Fernando Rico,o piloto naronés volveu a amosar que no rally da casa corre moito e aínda que o seu obxetivo era a Pirelli Top Ten acabouse por meter terceiro da xeral e primeiro de Gr.N.
Alejandro Pais rematou cuarto e segundo da Top Ten,dando por bo ese resultado e esperando a chegada do Sur do Condado,o rally da casa para él.Quinto era Luis Penido e terceiro da Top Ten e sexto da xeral Alberto Otero que repetía resultado de Noia despois do traspé do Comarca da Ulloa.
No Volante Racc continúa o mando de Fran Lago que se amosou rapidísimo durante todo o día terminando noveno da xeral,segundo era Celestino Iglesias e terceiro na súa estrea no Volante Racc era Roberto Tenreiro esperemos que poida loitar pola victoria en próximos rallys.
Na Khumo victoria de David García e atención o dato:11 da xeral,co cal sería equivalente o segundo posto na Racc o que amosa o altísimo nivel desta copa.Marco Díaz situaba o seu Clio 16v en segunda posición,por diante de Miguel Vilares.
Na Racing Sport victoria in extremis de Rubén Gandoy,logo de que Fernando Lorenzo rompera as varillas do cambio no último tramo,perdendo 1 min 30s.Segundo era Borja Vila e terceiro o líder Sergio Sanchez.