Xa temos publicadas as listas para a terceira proba do Campeonato Galego de Rallys:O IV Rallye Comarca da Ulloa, que este ano contará con 132 pilotos inscriptos.Cabe destacar a ausencia de Bamarti que dias antes da proba mandou o seu coche a Inglaterra para ser revisado por completo e non estará a tempo.Tamén Pedro Burgo,os problemas de Noia fixeron os seus mecánicos revisar a mecánica,tamen enviado a M-Sport é non podendo disputar o rally.Como non todo ivan ser malas novas,pola parte positiva temos a participación do Campeón de España Sergio Vallejo o que a súa presencia estará ligada a que os mecánicos rematen o traballo de revisión que se estar a facer en Italia.Según un comunicado nun principio sí que se desputará sen problema eso sí,sen o seu irmau Diego a súa dereita,nesta ocasión será Alvaro Louro o que se encargue das labores de copiloto.Ante todo esto presentase unha oportunidade de ouro para o noso piloto Iván Ares,que pode dar un golpe na mesa de cara a xeral do campeonato.Penido,Vilariño,Blach incluso Pais e Rico poderían poñer dificil o podium.
En canto a primeira cita do Campeonato Galego de Montaña temos o pracer de contar cun Tetracampeón de Europa como Andrés Vilariño coa súa Norma BMW,Toño Varela intentaralle poñer a victoria dificil e tamén non podemos descartar a Nonito Gomez,quizás algo perxudicado por non ter unha montura a altura dos seus rivais pero con pilotaxe a altura dos mellores.En carrozados Jose Antonio Iglesias quere revalidar o título e a primeira pedra será esta,terá como principal rival a Carlos Couto piloto local que o ano pasado xa deixou mostras de que cunha boa configuración,pode estar entre os mellores.En xeral escasa participación (22 participantes) pero un bo nivel.
Desde aquí desexamoslles as dúas organizacións toda a sorte do mundo e pedimos os aficcionados cabeza a hora de elexir o sitio para ver a proba.