O piloto polaco Robert Kubica sufriu hoxe un grave accidente mentres corría o rally Ronde di Andora. Robert conducía un Skoda Fabia, que nun momento da carreira saiuse da carretera e bateu contra o muro dunha iglesia.
O piloto foi inmediatamente evacuado en helicóptero ata o hospital onde se encontra agora. Está consciente, aínda que ten politraumatismos, e podería perder unha man. Tamén ten múltiples fracturas nas pernas, e continúa sendo sometido a probas para valorar se pode ter algún traumatismo interno.
O seu copiloto pudo saír ileso do accidente, e o rally quedou momentáneamente suspendido para permitir a evacuación do piloto e máis a retirada dos restos do coche.
Dende aquí desexámoslle unha pronta recuperación a Robert e queremos podelo ver canto antes de novo nas carreiras.